 |
Información de Interese ao Cidadán |
|
ADVERTENCIA
|
|
A información relativa á cobertura está baseada en cálculos teóricos, polo tanto, os resultados das consultas efectuadas non poden ser garantidos.
Para maior seguridade, estes resultados deben ser contrastados por medidas reais de campo, realizadas no lugar preciso onde se desexan recibir os sinais de televisión dixital terrestre. Estas medidas deberían ser realizadas por unha empresa instaladora de telecomunicacións
acreditada.
|
|
Listado de centros servidores do sinal de TDT
|
|
Os centros emisores que proporcio- nan cobertura ás entidades de poboación aparecen ordeados segundo os seguintes criterios: nivel de sinal teórico recibido na entidade de poboación e número de canles recibidas nese acimut.
|
|
Os centros emisores da TDT clasificanse en tres tipos:
|
- Emisores:
Centros primarios de difusión do sinal. Son os de maior potencia de transmisión.
- Reemisores:
Centros secundarios de difusión do sinal, de mediana potencia. Reciben o sinal doutros centros e repítena.
- Gapfiller ou encheocos:
Centros de menor entidade que repiten o sinal de televisión que reciben e dan cobertura a pequenas "zonas de sombra".
A calidade do sinal de Televisión Dixital non depende do tipo de centro.
|
|
- Cartografía, modelo dixtal do terreo MDT e capas xeográficas do Instituto Instituto de Estudos do Territorio CMAOT - Xunta de Galicia, (mapas.xunta.gal).
- Orotofotos e mapas cartográficos dos servizos WMS do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), (www.ige.es).
- Nomenclator de entidades de poboación do ano 2024 do Instituto Nacional de Estatística, (www.ine.es).
- Datos técnicos das estacións de radiodifusión autorizados pola SETEID do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital (avancedigital.mineco.gob.es).
- Aplicación COBRA de Radiotel.
- Aplicación Mapguide de Open Source Geospatial Foundation (OSGeo).
|
| Nivel de campo electromagnético estimado: |
- Cobertura útil: En color amarelo, de 56 a 65dBuV/m en mais do 99% do tempo e no 50% das ubicacións.
- Límite recepción rural: En color bermello, de 44 a 48dBuV/m en mais do 90% do tempo e 50% das ubicacións.
|
|
Mais informacion en:
Servizo de Planificación
|
|
|
|